Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE VERÁN

Imaxe
Estas son as recomendacións que o equipo de Biblioteca vos fai para que disfrutedes este verán. ¡ Felices vacacións a tod@s !

VI EDICIÓN DO FESTIVAL DE LUSOFONÍA "CANTOS NA MARÉ"

Imaxe
O mércores 24 de Maio celebrouse a VI Edición do Cantos na Maré na Escola, festival da lusofonía. Este evento toma o seu nome do festival Cantos na Maré que todos os anos se realiza en Pontevedra, inaugurado no noso instituto en pequeno formato no ano 2012 pola directora do festival, Uxía, quen cedeu o nome para o noso concerto anual. Despois de contarmos coa presenza de cantantes como Uxía e Sérgio Tannus, Ses, Berrogüeto (Tres Peixes Voando), Fran Pérez Narf, ou Fred Martins, nesta ocasión puidemos gozar do concerto de :  M.J. Pérez, acompañada ao violín por Inés Mirás, que, entre outros, interpretaron temas do seu último disco, Guerrilleiras .

SE AS MULLERES GOBERNASEN O MUNDO TODO SERÍA DISTINTO

Imaxe
O venres 30 de Maio o grupo Chévere tróuxonos a súa proposta escénica Se as mulleres gobernasen o mundo todo sería distinto , que puideron ver tódolos alumnos de 4º da ESO no salón de actos do noso centro. Trátese dunha charla teatralizada, un proxecto posto en marcha por Chévere e  Promove Consultoría e Formación  para sensibilizar a adolescentes sobre a necesidade da igualdade entre homes e mulleres contextualizando a loita feminista. Organizaron Anpa, Concellaría de Cultura de Teo, ENL e Vicedirección.

A LINGUA NA BOCA

Imaxe
O xoves 18 de Maio tivemos o pracer de disfrutar dunha representación teatral a cargo da compañía Limiar Teatro, que puxo en escena o espectáculo A lingua na boca. O espectáculo combina historias da vida e a traxectoria de Castelao con temas musicais e melodías tradicionais galegas, actualizadas e interpretadas con diferentes instrumentos, tales como guitarra, contrabaixo, frauta ou melódica. Sobre unha sinxela escenografía, os dous intérpretes que protagonizan o espectáculo, Fran Núñez e Brais Iriarte, foron repasando as diferentes facetas do Castelao melódico, debuxante, escritor e político. Organizaron Vicedirección, ENL e Anpa, coa colaboración da Asociación Cultural Rosalía de Castro.

VI EDICIÓN DO FESTIVAL DA POESÍA DO IES DE CACHEIRAS

Imaxe
O venres 12 de Maio tivo lugar a celebración da VI Edición do Festival da Poesía Nesta ocasión contamos con Rosalía Fernández Rial e Serxio Moreira:  ELØ, que nos presentaron retallos do seu último traballo Sacar a Bailar  nun diálogo poético musical que fixo a ledicia de tódolos asistentes. Organizaron ENL, Anpa e Vicedirección.

SAÍDAS DO CLUB DE LECTURA

Imaxe
O día 7 de abril, o noso Club de Lectura foi coñocer as paraxes das fragas do Eume e as terras de Betanzos. O tempo acompañounos nunha xornada de contacto coa natureza na que disfrutamos dunha das paisaxes máis senlleiras da nosa xeografía. Uns días máis tarde, o 25, fixemos unha saída a  Compostela en relación á temática deste ano: mitos, lendas e cultura popular. Nesta ocasión participamos nunha charla con Manuel Gago, autor da lectura proposta para o presente trimestre: Vento e Chuvia. Asistimos a un pequeno obradoiro de encadernación na libraría Couceiro e visitamos a cidade da Cultura. Podedes ver máis fotos facendo click aquí .