Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

O noso rincón de...

Imaxe
A Bilioteca Luisa Villalta inaugura unha exposición de creación colectiva na todos e todas podemos compartir ese rinconciño no que nos apousentamos para disfrutar dun momento de lectura.

En Negro

Imaxe
Co gallo da conmemoración do día contra a violencia de xénero, o venres 24 de Novembro o centro encheuse de cadeiras baleiras que lembraban ás víctimas da violencia de xénero que xa non están aquí para contar a súa experiencia.   Ese mesmo día presentouse no IES o vídeo musical Son muller  do grupo Máis boas que as patacas,  integrado por alumnas de 3º da ESO, que foi a canción gañadora do II certame de música infantil e xuvenil Querocantar17 da Deputación da Coruña. A proxección do vídeo foi seguida por unha actuación acústica do grupo e unha charla coloquio co público asistente.

Chegaron as castañas e o San Martiño !!

Imaxe
O pasado venres 10  de Novembro tivo lugar a celebración do Magosto no IES Cacheiras, coa participación do alumnado de 1º e 2º da ESO. O tempo acompañounos e poidemos disfrutar da música e das castañas no xardín do IES nun ambiente de convivencia e celebración.