Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

POLA BEIRA DO CAMIÑO VAI PASANDO O SAN MARTIÑO

Imaxe
O pasado venres 6 de Novembro tivo lugar a celebración do Magosto no IES Cacheiras, coa participación do alumnado de 1º e 2º da ESO. O tempo acompañounos e poidemos disfrutar da música e das castañas no xardín do IES nun ambiente de convivencia e celebración.

SAMAÍN 2015

Imaxe
Este ano, unha vez máis, celebramos o Samaín convocando o concurso de relatos relacionados con esta festividade. Nesta ocasión quedaron finalistas: Paula Gutiérrez Barreira, de 2º ESO B Tania Baluja García, de 4º ESO A Uxía Mata Rivas, de 4º ESO A Sandra Viadel Turjanicova, de 4º ESO A Alba Pérez Barcala, de 4º ESO C Javier Gómez Grobas, de 3º ESO C Manuel Loureiro Oliveira, de 2º ESO A Marcela Taracido Janeiro, de 4º ESO D Lúa Calo Botana, de 1º ESO C Lara Villán Janeiro, de 3º ESO D Na categoría de 3º e 4º da ESO resultaron premiados/as: No primeiro posto, Alba Pérez Barcala. No segundo posto, Tania Baluja García. E o primeiro posto foi para Alba Pérez Barcala. Na categoría de 1º e 2º da ESO houbo un único premio para Lúa Calo Botana. Asemade, celebramos o concurso de cabazas, do que resultou gañadora a cabaza elaborada por Lúa Calo Botana. Moitas gracias a todos/as por participardes e parabéns a tódolos/as premiados/as.

PRIMEIRA SAÍDA DO CLUB DE LECTURA

Imaxe
  O Mércores 4 de novembro, o Club de Lectura Rainha Lupa realizou a súa primeira saída cultural a Compostela, para visitar a biblioteca municipal Anxel Casal, o Museo do Pobo Galego, e realizar unha actividade na libraría Couceiro de encadernado de libros.

INAUGURACIÓN DO CURSO CON MÚSICA

Imaxe
O Martes 15 de Setembro inauguramos o curso 2015-2016 coa intervención de Francisco López Bermúdez "Fuco", ex-alumno do centro e a actuación da catautora viguesa Alba María. Alba María é unha cantautora de só 19 anos, que practicamente iniciou a súa carreira musical despois de gañar o certamen de canción de autor en galego do concello de Teo... Esta viguesa afincada en Compostela acaba de presentar o seu primeiro disco "Aínda", que mestura varios estilos cunhas letras moi coidadas creadas por ela mesma.