Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

O DÍA MÁIS CURTO: FESTIVAL DE CURTAS NA BIBLIOTECA LUÍSA VILLALTA

Imaxe

LE OS RELATOS PREMIADOS DO CONCURSO DE SAMAÍN

Imaxe
  FIN O medo paralizábao, impedíalle respirar. Correu canto puido. As palabras da meiga resoábanlle unha e outra vez na cabeza: “o teu fin está na noite de samaín, noite de samaín, noite de samaín...” Practicamente desfalecido, caeu ao chan. Inmediatamente, sentiu unha pouta fría desgarrándolle o lombo. Notou o sangue morno esvarándolle polo costado, a ferida ardía de dor. Pechou con forza os ollos esperando a que todo rematase. E rematou, porque nunca máis os volveu abrir. 1º Premio de microrrelato: Beatriz Martínez (1º ESO A) O SONO QUE TEÑO O mal apareceu no mundo. As persoas enloqueceron. Xa nada é o que era. É de noite, hora de durmir. Eu estou canso coma para loitar co mal, pero é Sanmaín e terei que facelo. Tomade nenos, caramelos para todos. 2º Premio de Microrrelato: Iván Gracía (2º ESO C) O ESPELLO DUNHA SOMBRA Lanternas prendidas nunha cova alaranxada, portas petadas por rabentos pantasmas. Entre tanta claridade vese unha sombra. Un

ENTREGA DE PREMIOS DE RELATOS E MICRORRELATOS DE TERROR

Imaxe

OBRADOIRO: COMO ELABORAR UN GUIÓN!

Imaxe
O 11 de decembro contamos coa presenza, na nosa biblioteca, do guionista  Daniel Domínguez que nos veu explicar como elaborar un guión.  Nesta primeira sesión, Daniel amosou ao alumnado de 3º ESO cal deber ser a estrutura dun guión. Moi interesante, Daniel! Grazas á ANPA do IES CACHEIRAS pola súa colaboración.

NOVIDADES NADAL 2018

Imaxe
Pincha na imaxe para acceder ao folleto interactivo. Boas lecturas!!!