Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

ANTROIDO 2017

Imaxe
O pasado día 24 de Febreiro celebramos a festa do Antroido co tradicional desfile de comparsas e actuacións musicais. Na categoría de pequenas comparsas, resultaron gañadoras as alumnas Catuxa, Marta, Ana, Marta e Andrea, de 4º da ESO co seu orixinal disfraz de caramelos sugus. No apartado de grandes comparsas, resultou gañador o grupo de 1ºB da ESO, coa súa escenificación dunha batalla de Star Wars. Miriam e Valerie, de 2º da ESO deleitáronnos coa interpretación de Say Something, e Martín, Mara, Isabella, Marta, Laura, Celia e Noa fixeron unha actuación musical como tributo ó finado David Bowie. Podedes ver máis fotos do evento facendo clic aquí .

BENVIDO A SMOKE CITY !

Imaxe
O 21 de Febreiro, todo o alumnado de 2º da ESO puido disfrutar da divertida comedia SMOKE CITY, que a compañía MALASOMBRA puxo en escena no noso centro. Esta é a segunda vez que podemos ver esta posta en escena, gracias á colaboración da Concellalía de Cultura do Concello de Teo. Smoke City fai unha proposta escénica dinámica e divertida. O xogo de luces recrea a ambientación da novela negra mentras que a expresión corporal e a plasticidade escénica nos remite á linguaxe do cómic.