Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2016

DISCURSHOW: CÓDIGO SAPIENS

Imaxe
O pasado martes día 15 de novembro tivemos o pracer de disfrutar no noso centro da proposta científico-escénica: Código Sapiens o novo  discurshow  de Xurxo Mariño e Vicente Mohedano. Un espectáculo heteroxéneo a medio camiño entre o teatro, a narración oral e a charla científica que nos remontou ás orixes da humanidade. Código Sapiens conta como a linguaxe foi a clave para pasar da supervivencia á predominancia.

CASTAÑAS, NOCES E VIÑO FAN A LEDICIA DE SAN MARTIÑO

Imaxe
O pasado 11 de Novembro celebramos o Magosto coa participación cos cursos 1º e 2º da ESO. O grupo musical Habelas Hainas veunos visitar e amenizou a degustación das castañas coa súa música e bo facer dándolle á festa o carácter festeiro e popular que merecía.

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA LUISA VILLALTA

Imaxe
Para celebrar o mes da ciencia e dotalo de contido, a nosa biblioteca vén de inaugurar un expositor con obras de divulgación no que teredes acceso á lectura dos mundos máxicos das máis variadas ramas do pensamento científico actual. Unha visita que non podes deixar pasar.