Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2015

O CLUB DE LECTURA REÚNESE PARA COMENTAR: “ O PRINCIPIÑO”.

Imaxe
Nun debate de gran participación, resaltáronse valores como a amizade, o amor a un mesmo, a autoestima, a autenticidade, entre outros. Anteriormente degustaron, nun xantar literario, unha crema de cabaza do noso horto ecolóxico. Realizado polo alumnado do mesmo, acompañado dos riquísimos bocadillos da  nosa querida Carmiña e unha sobremesa con bizcoitos de cabaza e cabaciña, agasallo da nosa  gran colaboradora María, do persoal de limpeza.