Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2021

PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO NACIONAL DA INCUBADORA

Imaxe
  Os cinco alumnos do IES CACHEIRAS, Laura Alonso, Sabela Cambón, Sara Castelo, Alejandra Guimeráns e Samuel Vidal, campións do XI Concurso de Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO na categoría de Bacharelato, resultaron gañadores da Fase nacional organizada pola SEIO (Sociedad de Estadística e Investigación Operativa) o día 30 de xuño. No proxecto titulado (A)politicamente coherentes analizaron o grao de confusión política entre os seus compañeiros, crearon un test para determinar a ideoloxía política dos adolescentes e estudaron a coherencia das respostas obtidas.   Por terceiro ano consecutivo alumnado deste instituto participa neste concurso de estatística. No curso 2018-2019 co proxecto Perfilando o risco elaboraron o perfil do estudante máis arriscado e detectaron o problema que os xogos de azar constitúen para a mocidade e no 2019-2020 analizaron a comprensión lectora do estudantado no traballo Sumando letras . Con cada un deles conseguiron o prime