Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2014

Paula Carballeira, contos contra a violencia

Imaxe
A actriz, escritora e narradora oral Paula Carballeira estivo no noso Instituto para contar contos contra a violencia de xénero, dentro das actividades Plambe de dinamización da lectura que organiza a bibliteca escolar. Os cursos escollidos para a actividade foron 4º ESO A / B, aos que agradecemos a súa colaboración nos xogos do entroido e no samaín. Orgaizou  O Equipo de biblioteca e o ENL.

Teatro contra a violencia de xénero.

Imaxe
O grupo de teatro do IES de Cacheiras representou a obra titulada: Un día como outro calquera, o venres, 21 de novembro às sete da tarde, dentro dos actos que organizou o Concello de Teo contra a violencia de xénero. O guión foi escrito pola alumna Alba Pérez Barcala, de 3º ESO. Intérpretes: OLIVER ANGERMANN, TANIA BALUJA, GALA GIMÉNEZ, AITANA NOVO, ALBA PÉREZ, RUBEN PÉREZ, JOSÉ REBOLO, XANA RODRIGUEZ, SANDRA VIADEL, DE 3º ESO. MAR BALIÑAS, ADA MONTOTO, RAQUEL IGLESIAS, AIDA BARROS, de 2º ESO. IRIA PÉREZ, AARÓN RECOUSO, de 4º eso. TECNICOS DE SON: RUBÉN PEREZ, AARÓN RECOUSO, DIRECCIÓN: Profes Raul e Puri

Magosto

Imaxe
A mediados de novembro celebramos un magosto co 1º ciclo de ESO. Gracias a todos e todas pola vosa colaboración.

Exposición de cartaces na cafetería do centro.

Imaxe
Un ano máis realizouse unha exposición dos traballos realizados en 4º de ESO. O alumnado realizou a fotografía e o deseño gráfico. A calidade dos deseños  é excelente, noraboa a todas e todos os seleccionados. 

Proxección audiovisual contra a violencia de xénero realizada por alumnado de 4º de ESO.

Imaxe
O venres 21 de novembro ás sete da tarde realizouse unha proxección de creacións artísticas do alumnado de plástica de 4º ESO sobre violencia xénero, e unha exposición dos mesmos cartaces realizados polo alumnado, coordinados pola profesora Montse Amigo, no local da AC ROSALÍA DE CASTRO, A Cañoteira, dentro dos actos que organiza o Concello de loita contra a violencia de xénero.   ver vídeo