Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

Creadores e creadoras en galego

Imaxe
Estrea de audiovisuais feitos en 4º de ESO sobre a creación poética actual en lingua galega. O alumnado de EPV realizou neste trimestre un traballo de investigación e creación audiovisual entorno á creación poética máis contemporánea.  Ilustración de Eugenia Cutrín a partir dun poema de Eduardo Estévez.

Sentindo en galego.

Imaxe
Sentindo en galego. Exposición na planta baixa do instituto. Inauguramos unha nova exposición de ilustracións realizadas polo alumnado de 1º e 4º de ESO, o tema tratado é o das emocións, e como introducción ao proxecto de ilustración, traballouse na biblioteca o tema da educación emocional e as diferentes emocións como tema central en obras contemporáneas. Estas son algunas das ilustracións, a ver se acertades a emoción que as inspira.

Le Malade Imaginaire, de Molière.

O alumnado de Francés de 3º, 4º ESO e  BACH do IES de Cacheiras asistirá á proposta escénica: Le Malade Imaginaire, de Molière. A obra terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o día 11 de marzo. Organiza: Marisol Castellanos, xefa do departamento de Francés do IES de Cacheiras

Actividades de fomento da lectura programadas e organizadas polo Equipo de Biblioteca e relacionadas coa exposición "Cinema e Literatura, Intertextualidade".

Imaxe
Actividades do xoves 5 de marzo de fomento da lectura programadas e organizadas polo Equipo de Biblioteca e relacionadas coa exposición "Cinema e Literatura, Intertextualidade". Proxección do filme " Engurras ", dirixido por Ignacio Ferreras (2012), baseada na obra literaria do mesmo título do autor Paco Roca. Presentación para o alumnado da exposición: “Da literatura ao cinema. Intertextualidade” na biblioteca. Servirase chocolate e linguas de gato. Proxección do filme, " Los santos inocentes " dirixido por Mario Camus (1984), baseada na obra literaria do mesmo título do autor Miguel Delibes.

Inauguración da exposición: “Da literatura ao cinema. Intertextualidade”.

Imaxe
O xoves 5 marzo no 1º recreo inaugurarase na biblioteca a exposición “Da literatura ao cinema. Intertextualidade”, haberá chocolate e linguas de gato. Organiza a actividade o club de lectura, biblioteca e vicedirección.      

Ultranoite no País dos ananos

Chévere, compañía residente do Concello de Teo, volve presentar no Centro Sociocultural da Ramallosa o seu espectáculo "Ultranoite no País dos Ananos".  A Ultranoite é un xénero nacido na antiga Sala Nasa e que leva xa máis de 20 anos ofrecendo un reflexo cómico, crítico, e gamberro da realidade máis inmediata. Esta "Ultranoite no País dos Ananos" bota a vista atrás da man de Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro, para facer unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Un lugar definido polo despilfarro do presente, o cinismo das clases dirixentes e o fin da esperanza nun futuro mellor. Espectáculo ao mais puro estilo Chévere, cheo de humor e música en directo. En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián. Música orixinal: Xacobe Martínez Antelo. Textos e letras cancións: Manuel Cortés. Escenografía, roupas: Carlos Alonso. Iluminación: Fidel Vá

Entroido no IES Cacheiras.

Imaxe
O 13 de febreiro celebramos o noso entroido, houbo de todo, concurso de disfraces, atranques e talleres de maquillaxe, baile e cociña. Aquí tedes unhas imaxes do ben que o pasamos.