Ultranoite no País dos ananos

Chévere, compañía residente do Concello de Teo, volve presentar no Centro Sociocultural da Ramallosa o seu espectáculo "Ultranoite no País dos Ananos".  A Ultranoite é un xénero nacido na antiga Sala Nasa e que leva xa máis de 20 anos ofrecendo un reflexo cómico, crítico, e gamberro da realidade máis inmediata. Esta "Ultranoite no País dos Ananos" bota a vista atrás da man de Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro, para facer unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Un lugar definido polo despilfarro do presente, o cinismo das clases dirixentes e o fin da esperanza nun futuro mellor. Espectáculo ao mais puro estilo Chévere, cheo de humor e música en directo.
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián. Música orixinal: Xacobe Martínez Antelo. Textos e letras cancións: Manuel Cortés. Escenografía, roupas: Carlos Alonso. Iluminación: Fidel Vázquez. Son: Xurxo Pinheiro. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Comunicación: Xana García. Fotografía: Matteo Bertolino. Produción: Patricia de Lorenzo, Xesús Ron. Producido co apoio de Agadic e o Concello de Teo.
Propósta escénica da Compañía de teatro Chevere, premio nacional de teatro no ano 2014.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020