Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

SAMAÍN E MAGOSTO.

Imaxe
Como todos os anos aproxímanse as datas do 1º de novembro e do 11 de novembro, nas que celebramos dúas festas tradicionais de grande importancia cultural no noso país e no noso concello, o Samaín e o Magosto. O IES de Cacheiras, en colaboración co ENL, e o Club de Lectura, quere facer partícipe a toda a comunidade educativa das actividades que se realizarán no noso centro: 1.-  Concurso de relatos  de terror para 2º ESO ( lembramos que o curso pasado o relato gañador, de Alba Pérez Barcala, gañou tamén o 1º premio da Asociación cultural O Facho). Data límite de entrega, 14 de novembro. 2.- Narración Oral: contos de medo, por  Paula Carballeira,  para dous cursos, un de 1º e un de 2º ESO (data a confirmar). Financia Concello de Teo. 3.-  Concurso de   Cabazas  para 1º ESO. Luns 3 de novembro (coa colaboración especial de María José Ruanova Mourullo, do persoal non docente) 4.-  Magosto  para 1º e 2º ESO. Martes 4 de novembro a partir das 12. 25. Haberá castañas, xogos tradicionais e

Inauguración do curso 2014-2015.

Imaxe
Actuación de Najla Shami.           Ver vídeo.

Smoke City. Teatro para 3º e 4º de ESO.

Imaxe
Xenial a proposta escénica SMOKE  CITY que tivemos ocasión de ver no IES o día 1 de outubro! Fomos os cursos de 3º e 4º de ESO. Xoque Carballal, Alberto Rolán, Jouse García e Ramón Orencio, fixeron un magnífico traballo actorial. Esta actividade enmárcase dentro das actividades de fomento da lectura que organiza o IES de Cacheiras, que desde este curso 2013- 2014 está no PLAMBE.