Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

Chegou o fin de curso !!

Imaxe
Estamos a día 21 de Xuño e por fin chegaron o sol, o calor e o final das actividades lectivas. A cuarta hora, os primeiros de Bacharelato tiveron a oportunidade de contemplar e participar xunto coa compañía de música-danza-poesía Sésega nun espectáculo sobre as emocións que despertou neles moitas delas. Este ano celebrámolo por segunda vez cun concurso de bailes de salón organizado por Paco Muñiz, o monitor que grazas á colaboración da Anpa, leva meses facendo talleres nos tres primeiros niveis da ESO. Ademais da competición, tivemos o pracer de contemplar exhibicións de distintos bailes maxistralmente executados polos campeóns Samuel García e Noelia Rey.  Mesmo puidemos participar nunha mostra de Line Dance co que foi campeón do mundo, Miquel Menéndez. A nota musical puxérona Miriam e Valeria por unha banda e Nerea e Neus pola outra, interpretando cancións en directo, o que sempre é de agradecer. Despois volvimos disfrutar da exhibición de patinaxe artís

Lecturas recomendadas para este verán

Imaxe
E como non, estas son as lecturas que dende a Biblioteca Luisa Villalta do IES Cacheiras recomendámosvos para acompañar as horas de lecer e o merecido descanso estival. Boas vacacións a tod@s!!