Chegou o fin de curso !!

Estamos a día 21 de Xuño e por fin chegaron o sol, o calor e o final das actividades lectivas.
A cuarta hora, os primeiros de Bacharelato tiveron a oportunidade de contemplar e participar xunto coa compañía de música-danza-poesía Sésega nun espectáculo sobre as emocións que despertou neles moitas delas.


Este ano celebrámolo por segunda vez cun concurso de bailes de salón organizado por Paco Muñiz, o monitor que grazas á colaboración da Anpa, leva meses facendo talleres nos tres primeiros niveis da ESO.

Ademais da competición, tivemos o pracer de contemplar exhibicións de distintos bailes maxistralmente executados polos campeóns Samuel García e Noelia Rey.


 Mesmo puidemos participar nunha mostra de Line Dance co que foi campeón do mundo, Miquel Menéndez.

A nota musical puxérona Miriam e Valeria por unha banda e Nerea e Neus pola outra, interpretando cancións en directo, o que sempre é de agradecer.


Despois volvimos disfrutar da exhibición de patinaxe artístico a cargo de Laura e Alexandra e como fin de festa a música dos Dj's David e Raúl.
Non puidemos inaugurar as vacacións de mellor maneira.
Gracias a tod@s por participar!!

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020