Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

O coro Son Elas enche de música o IES

Imaxe
O Coro Son Elas visitou o IES o martes 19 de decembro para o 2º de ESO. Este coro de Bertamiráns está integrado exlusivamente por mulleres. O seu repertorio abarca dende pezas de compositores galegos como  Luis Emilio Batallán e Emilio Rúa a adaptacións de temas dos Beatles ou Madonna, entre outros. A súa directora tamén nos ensinou como utiliza ela as  aplicacións  informáticas  para organizar as voces e facilitar os ensaios.