Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

XORNADA DE FORMACION DO CLUB DE DEBATE

Imaxe
O equipo do Club de Debate acude en Ames a unha xornada de formación para preparar a fase comarcal do concurso. O Club de debate é un proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade organizado desde varios concellos. Este ano, na comarca de Santiago concorren un equipo de Teo, outro de Milladoiro e dous de Negreira. A fase comarcal será o 8 de Abril en Negreira e o tema proposto para debate é se Galicia pode vivir exclusivamente do sector primario ou non. Na xornada de formación fanse tres talleres nos que se traballan temas como a maneira de preparar unha argumentación ou a maneira de expoñela ante un auditorio.

CONTACONTOS EN INGLÉS

Imaxe
O Martes 15 de Decembro reibimos a visita de Charo Pita e Sophie Heydel. Sophie contounos unha serie de historias de tradición oral, entre elas o conto de Barbaazul, na súa lingua de orixe, o inglés, mentras Charo facía unha traducción simultánea ó galego para aqueles que tiñamos algo máis de dificultade. Foi unha xornada amena e interesante na que tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis as tradicións doutras terras e practicar as nosas habilidades lingüísticas a prol do entendemento. Esta actividade foi financiada pola Anpa, coordinada polo Departamento de Inglés e dirixida a todo o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO.

EXPOSICIÓN SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
O luns 11 de xaneiro inagurouse no IES de Cacheiras a exposición sobre Isaac Diaz Pardo,como parte das actividades programadas polo equipo de biblioteca escolar e coordinada pola profesora de lingua e literatura galega Esperanza Mariño. A exposición conta con corenta paneis con abundantes fotografias e texto onde se debulla a sua biografia e accións ao longo do seculo XX e comezos do XXI. O obxectivo principal desta exposición é dar a coñecer da vida e obra de Isaac Díaz Pardo, un dos intelectuais galegos mais sobranceiros de todo o século XX, fillo de Camilo Diaz Baliño, un dos membros fundadores da Irmandade da Fala da Coruña. En relación con esta exposición realizaranse unha serie de actividades paralelas: 1. Percorrido da Exposición con diversos cursos, coas explicacións pertinentes. 2. Conferencia de Laura Tato, profesora titular de Lingua e Literatura Galega da Universidade da Coruña, autora de numerosas publicacións sobre a época das Irmandades. 3. Traballo e

VISITA ÓS TELLADOS DA CATEDRAL E PARLAMENTO

Imaxe
O 8 de Xaneiro, un grupo de alumnos do IES Cacheiras acercouse á catedral de Santiago para percorrer os seus tellados nunha visita guiada. A continuación, mentras o alumnado de 2º de Bacharelato permanecía na catedral para realizar un traballo enmarcado na materia de Historia da Arte, o resto do grupo foi visitar as instalacións do Parlamento de Galicia, na rúa do Hórreo.

CONTACONTOS DE MARÍA DA PONTRAGHA

Imaxe
O pasado día 18 de Decembro disfrutamos da actuación de María da Pontragha, que visitou o noso centro para deixar nos nosos ouvidos unha escolma de contos populares. María é unha educadora que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos. Participou en diferentes Xornadas de Oralidade, no Museo do Povo Galego e na Universidade de Deusto e de Vitoria; tamén desenvolveu a súa labor en bibliotecas, participou no Salón do Libro de Pontevedra, no Verbum,  centros de ensino, festas, locais sociais… Grazas, María, pola túa visita e o bo momento que nos fixeches pasar !!

A LÍRICA DO SILENCIO

Imaxe