CONTACONTOS EN INGLÉS


O Martes 15 de Decembro reibimos a visita de Charo Pita e Sophie Heydel. Sophie contounos unha serie de historias de tradición oral, entre elas o conto de Barbaazul, na súa lingua de orixe, o inglés, mentras Charo facía unha traducción simultánea ó galego para aqueles que tiñamos algo máis de dificultade.
Foi unha xornada amena e interesante na que tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis as tradicións doutras terras e practicar as nosas habilidades lingüísticas a prol do entendemento.
Esta actividade foi financiada pola Anpa, coordinada polo Departamento de Inglés e dirixida a todo o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020