Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Inauguración do curso 2014-2015

Imaxe
O luns 15 de setembro inauguramos o curso escolar coa conferencia -concerto da cantante galego palestina Najla Shami. Fixemos unha inauguración un pouco inusual, misturando música, charla, e audiovisual. Algo así como unha conferencia -concerto. Najla cantou e falou para nós, e lembrou dous dos temas centrais que o noso instituto ten no seu ideario , o compromiso coa lingua galega, e a igualdade e loita contra a violencia de xénero. Mais as súas palabras tamén nos lembraron a guerra en Palestina, e os terribeis acontecementos que tiveron lugar este verán, fomentando entre nós a conciencia crítica e solidaria co pobo palestino, sempre desde a cultura, e a empatía que xenera a música e a sensibilidade artística. O punto de partida da súa intervención foi a educación, a importancia da educación, da que moitas veces non somos conscientes, e que é crucial en Palestina, para a resistencia e a supervivencia da identidade como pobo. Gustounos moito. Grazas, Najla.