Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

ENTROIDO 2020

Imaxe
Como cada ano, celebramos o noso entroido.  Este ano contamos coa participación de doce comparsas, dúas actuacións e o baile estelar do profes!! O gañador da excursión foi o curso 2ºESO B con Área 51, parabéns!!!

DÍA DE ROSALÍA:OS NOSOS VERSOS PARA O PASO DE PEÓNS

Imaxe
Para conmemorar o Día de Rosalía, o concello de Teo pintou os nosos versos favoritos no noso paso de peóns. Os elixidos finalmente foron: Miña terra, miña terra terra onde me eu criei  ¡Que doce mais que triste tamén é a soidade!  

QUINTA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

Imaxe
     Hoxe tivemos a reunión do club de lectura do primeiro ciclo.        Falamos moito das nosas lecturas: Un mostruo viene a verme , de Patrick Ness (queremos ver a peli!!)  e La lectora , de Traci Chee.  

24 DE FEBREIRO: DÍA DO ROSALIA

Imaxe
  CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA  AGASALLANDO VERSOS DA NOSA  POETA PREFERIDA.

11 de FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
Para conmemorar esta data organizamos dous días de actos con mulleres científicas que sirvan de referente ao noso alumnado. O día 11, Estefanía Otero García , doutora en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na USC, impartiu a charla Toda a IA que te rodea e que non sabías nin que existía , ao alumnado de 4º ESO e María Tomás Gamasa , doutora en Química pola Universidade de Oviedo, La mujer en la biociencia: una visión personal , ao alumnado de 1º de bacharelato.   O día 12 de febreiro acompañáronnos catro ex alumnas do noso centro, en sendas mesas redondas, que explicaron ao alumnado de 2º ESO as súas traxectorias profesionais no campo da ciencia. Agradecemos a Noelia Martínez, Marta Cruces , Alba Márquez e Blanca Álvarez a súa colaboración e aportacións para que esta actividade fose posible.

QUINTA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

Imaxe
Hoxe tivemos unha reunión adiantada co Club de segundo ciclo, pois a vindeira semana estarán en Malta de excursión. Comentamos O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN,  de Berta Dávila. E tamén vimos as novas propostas de lectura: para a vindeira sesión toca poesía!!!  As nosas lectoras escolleron un clásico: Veinte poemas de amor y una canción  desesperada, de Pablo Neruda.

LIBROS DE CIENCIA NA BIBLIOTECA

Imaxe