O pasado día 24 de Febreiro celebramos a festa do Antroido co tradicional desfile de comparsas e actuacións musicais. Na categoría de pequenas comparsas, resultaron gañadoras as alumnas Catuxa, Marta, Ana, Marta e Andrea, de 4º da ESO co seu orixinal disfraz de caramelos sugus. No apartado de grandes comparsas, resultou gañador o grupo de 1ºB da ESO, coa súa escenificación dunha batalla de Star Wars. Miriam e Valerie, de 2º da ESO deleitáronnos coa interpretación de Say Something, e Martín, Mara, Isabella, Marta, Laura, Celia e Noa fixeron unha actuación musical como tributo ó finado David Bowie. Podedes ver máis fotos do evento facendo clic aquí .
Os días 6, 7, 8 de novembro visitou o noso centro a escritora e contacontos Paula Carballeira para impartir un obradoiro de narración oral de relatos de terror. Esta actividade foi financiada pola ANPA do IES de Cacheiras, a quen lle agradecemos a súa colaboración. Aquí tedes un vídeo que resume o paso de Paula polo noso instituto e que elaborou a docente Luz Cures. A nosa querida Paula adicou aos nosos alumnos estas fermosas verbas.