Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

CELEBRAMOS O ANTROIDO NO IES DE CACHEIRAS

Imaxe
O pasado día 5 de Febreiro celebramos a festa do Antroido co tradicional desfile de comparsas e actuacións musicais. A festa foi coroada pola actuación dos Dj's Medleks, Daek e Santy Lux. GAGA OF OZ No concurso de comparsas houbo un premio especial para "Gaga of OZ" Despois déronse tres premios ós mellores disfraces de pequenas comparsas (ata sete compoñentes) e outros tres a grandes comparsas (máis de sete compoñentes) Podedes ver máis fotos no noso Album de fotos 3º PREMIO. DORAEMON 2º PREMIO. MAJORETTES 1º PREMIO. O MONSTRO DE FRANKENSTEIN 1º PREMIO. EVOLUCIÓN 2º PREMIO. COMBO DOMINICANO 3º PREMIO. MALVADAS 3º PREMIO ANOS 60

NACE PÍNTEGA, A REVISTA DO IES CACHEIRAS

Imaxe
Ó abeiro do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e sustentado por pequeno grupo de alumnado, nace PÍNTEGA , unha publicación dixital que a finais de Marzo se integrará na publicación deste mesmo blog.  A revista estará integrada por sete seccións: CrEaCc i óN (Sección literatura) UnIvErSo CuÁnTiCo (sección ciencia) MuNdO Ga i a (sección medio ambiente) PlAnEtA HuMaNo (sección solidariedade) PeRsoAs (sección entrevista e actividades do IES) D-bate (puntos de vista sobre un tema de interese da comunidade escolar) E-moción (noticias e recomendacións sobre música, cine, teatro, publicacións…)   Estamos en proceso de recopilación de traballos e informacións de interese para a comunidade escolar. O equipo de redacción está aberto a integrar a tódalas persoas que teñan ganas de participar no labor de recopilar, elaborar e mesmo producir contidos para a revista: reportaxes, artigos, creación literaria, fotografía, ilustració

O I.E.S. DE CACHEIRAS PRESÉNTASE ÁS OLIMPIADAS DE FILOSOFÍA

Imaxe
A Olimpiada Filosófica de España (OFE) é un proxecto que naceu no ano 2013, impulsada por varias asociacións e olimpiadas de ámbito autonómico, todas elas integradas na Rede Española de Filosofía (REF). Foi promovida por un grupo de profesores e profesoras de filosofía, tanto de secundaria como da universidada, que viñan colaborando dende había tempo nas olimpiadas filosóficas que se celebraban en diversas comunidades autónomas. Esta III Olimpiada Filosófica de España celebrarase en Oviedo , os días 15 e 16 de abril de 2016 . A resposta do alumnado de I.E.S. de Cacheiras foi moi positiva ante esta convocatoria e presentáronse a tódalas modalidades da mesma. O Departamento de Filosofía fixo unha selección de traballos que enviou a Facultade para  a súa avaliación. Os temas seleccionados por la comisión organizadora son os siguintes: Modalidade de fotografía filosófica: “ ¿Que é a beleza?” Modalidade de video: “¿Perdedores?”

CONMEMORANDO A XOSÉ NEIRA VILAS E A ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
O pasado 2 de febreiro o alumnado do Club de Lectura, reúnese nun xantar literario a comentar as andainas do nos o Balbino . Como vedes, a Historia dun neno dos anos 40, 50 e ata 60 "un alma de pan trigo" chega con facilidade ao corazón dos nenos e nenas de hoxe. Mesmo fixemos unha visita a Exposición sobre Isaac Díaz Pardo . Esta mostra está ubicada nun dos corredores do noso centro. O alumnado recolleu información da súa vida e a súa obra. Foi unha xornada intensa, gratificante e de reencontro con estes dous  Galegos Ilustres .