Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

Correlingua 2018. ¡A lingua non para!

Imaxe
O día 7 de Maio fomos participar no Correlingua, un acto organizado pola sección de ensino do sindicato CIG, A Mesa pola normalización lingüística e a Asociación socio-pedagóxica galega para promocionar o uso da nosa língua. Saímos da Quintana e percorremos as rúas de Santiago deixando de manifesto que a língua galega está viva e en marcha. Xa de volta, disfrutamos, entre outras, da actuación musical do grupo gañador do certame Cantalingua: un rap titulado Rapea, que a língua non para!