Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

Actuación do grupo teatral Chévere.

Imaxe
Actuación de Chévere coa obra teatral "As fillas bravas" o 15 de maio para todos os cursos de 4º de ESO no salón de actos do instituto.

II Concurso de videocreación do Concello de Santiago.

Imaxe
O alumnado de 4º de ESO participa no II concurso de creación audiovisual do Concello de Santiago con dúas propostas moi interesantes. Un audiovisual a partir de ilustracións sobre poesía actual en galego e un traballo de animación.  O traballo de documentación fíxose na biblioteca do centro. Este é o enlace para votar e ver os traballos seleccionados.   http://www.facebook.com/events/1441476036166930/ .     Galicia somos nós, alingua máis a fala                                                                         

Eduardo Estévez publícanos no seu blog.

Imaxe
Aquí tedes un enlace ao blog de Eduardo Estévez, estamos moi orgullos@s de aparecer nunha entrada cos traballos que fixemos no instituto. A partir dun proceso de busca na biblioteca do centro , en plástica realizamos ilustracións sobre os seus textos e os de outr@s poetas galegos. Pincha  aquí  para ver a entrada no blog. Ilustración de Sara Seoane.

Concerto do grupo BATUCO TABANCA

Imaxe
O venres día 24 de abril tivo lugar a 4ª edición do festival "Cantos na maré na escola", un encontro do alumnado galego coa lusofonía a través da música, que organiza o IES de Cacheiras, contando nesta ocasión co grupo de Cabo Verde residente en Burela BATUCO TABANCA. A actividade realizouse no auditorio da Asociación Cultural Rosalía de Castro, de 12.00 a 13.15 horas. Participaron os cursos de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO sección bilingüe de portugués.  Esta actividade está finaciada pola Anpa, polo Concello de Teo (Servizos Sociais), e polo IES Cacheiras. O concerto foi un éxito, participando nos bailes algúns dos nosos alumnos e alumnas.