Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

INTERCAMBIO CON CARRAL 2017

Imaxe
Dende hai uns 16 anos o alumnado do IES Cacheiras e do IES Carral mantén a tradición de participar en parte do Roteiro da Batalla de Cacheiras, concretamente o tramo que abarca entre a reitoral de Bamonde e Oza. Posteriormente o autobús realiza dous traslados dende Oza ata Cacheiras para realizar  a visita ó alto do Montouto xunto cunha ofrenda floral e unha lectura poética onde está o monolito conmemorativo. A ruta percorre sitios como a casa reitoral de Baamonde, o patrimonio relixioso e etnográfico, as paraxes naturais da ribeira do río Santa Lucía ou o miradoiro da Pena Escorredía. Coa realización deste itinerario conmemoramos un fito histórico importante de relevancia autonómica que tivo lugar no noso territorio, ao mesmo tempo que afondamos nos feitos do noso pasado como parte do noso patrimonio inmaterial,   cultural e social, así como a interacción dos dous territorios implicados neste acontecemento.