Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2016

QUEN MATOU A ENRICO PERNELOGUI?

Imaxe
O grupo de teatro do alumnado do IES de Cacheiras EIN ZWEI POLIZEI, presentou a súa montaxe Quen matou a Enrico Pernelogui? o martes 26 de Abril ás 16.30 para 1º ESO e ás 17.20 para 2º ESO,  e o mércores 27 a 3ª hora para 3º ESO e a 4ª hora para 4º ESO. Trátase dunha comedia negra, con asasinato e sospeitosos a tutiplé que nos fixo rir e disfrutar dun excelente traballo tanto de dramaturxia como de posta en escena. Reparto: I saura ... ......................... Aarón Recouso Pedreira Raffaella....................... Oliver Angermann Costas Balbina.......................... Yasmina Mª Fraga Vázquez Giuseppe Junior.......... Uxía Calvelo Gallego Policía.......................... . Nerea González Martínez Comisario..................... Iria Pérez Cova Enrico Junior.............. Cristina Baliñas Torreiro Domenico Junior........ Mar Baliñas Torreiro Enrico......................... .. Raquel Iglesias Manteiga Cura............................ .. Andrés Burgos Camjalli Maruxa (avoa).

POLO ROTEIRO DA BATALLA DE CACHEIRAS

Imaxe
O Venres 22 de Abril fomos percorrer parte do roteiro da batalla de Cacheiras. Hai 170 anos, o día 2 de abril de 1846 o 2º Batallón do Rexemento de Zamora mandado polo comandante Solís, con sé na Coruña, levantouse na cidade de Lugo contra o goberno ditatorial instaurado en Madrid polo xeneral conservador Narváez. Esta rebelión pronto recibiu apoio do pobo lucense, e despois o de Santiago, Pontevedra, Vigo, Tui... O éxito da sublevación debeuse en boa medida ao apoio que lle prestou o movemento provincialista, creado e fomentado por profesores e estudantes universitarios que, sendo conscientes da marxinación en que vivía Galicia, dedicaron todos os seus esforzos a propoñer medidas políticas e económicas que lle axudasen a superar o seu secular atraso. A comuñón de intereses entre os militantes liberais e os intelectuais galeguistas deu como resultado a creación, o 15 de abril, da Xunta Superior do Goberno de Galicia. Para defender os intereses do goberno de Galic