Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

BICOS CON LINGUA

Imaxe
O xoves 26 de maio tivo lugar no Local da Asociación Rosalía de Castro, a representación de Bicos con Lingua , de Talía Teatro Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. Nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Así, esta montaxe pretende supoñer para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío. A lingua galega está composta (como tódalas linguas) por substantivos, verbos, adxectivos, expresións, palabras e máis palabras… que se poden estudiar… e que tamén se poden (e deben) amar e respectar. Precisamente é ese respecto por algo tan noso como son a lingua e a

EMBOSCADA CIENTÍFICA CON XURXO MARIÑO

Imaxe
O martes 24 de Maio tivemos o pracer de disfrutar da charla "¿Para que serve a mente?" que nos ofreceu Xurxo Mariño. Este doctor en Ciencias Biolóxicas é un destacado divulgador científico especializado en neurofisioloxía, concretamente no estudio do sistema nervoso e do encéfalo. Ten colaborado co Massachusetts Institute of Technology (MIT) realizando experimentos no Departamento do Encéfalo e Ciencias Cognitivas durante a súa estancia posdoctoral. Ten publicados varios traballos de investigación en diversas revistas científicas así como tres libros e na actualidad é profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. Pero sen dúbida, Mariño é especialmente coñecido por acuña-la expresión “emboscada científica” para referirse á popularización da ciencia que se realiza en lugares pouco habituai (bares, cafeterías, teatros, colexios, universidades, radios, etc.), co obxectivo de chegar a un público pouco especializado a través dunha linguaxe sinxela per

NARF, NA V EDICIÓN DE CANTOS NA MARÉ NA ESCOLA.

Imaxe
O venres 20 de Maio, o IES de Cacheiras realizou por quinto ano consecutivo o festival CANTOS NA MARÉ NA ESCOLA, un proxecto que pretende difundir entre os escolares a música, a cultura e a lingua galego-portuguesas. A primeira edición contou coa presenza da cantante, compositora e directora artística do festival Cantos na Maré, Uxía , acompañada polo cantante, compositor e guitarrista Sérgio Tannus . O brasileiro Fred Martins , o grupo galego Tres peixes voando  e as cavoberdianas de Burela Batuko Tabanca foron @s artistas que nos acompañaron nas seguintes edicións. Este ano, o no noso instituto foi visitado polo cantor e compositor NARF , c ompositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro. NARF ten publicados tres discos:  Alo Irmao,  Totem, e  Narf Directo en Compostela Foi membro de grupos como PSICOFONICA DE CONXO, OS KININDIOLA ou NICHO VARULLO. Foi un dos fundadores da sala NASA en 1992, onde adem