EMBOSCADA CIENTÍFICA CON XURXO MARIÑO

O martes 24 de Maio tivemos o pracer de disfrutar da charla "¿Para que serve a mente?" que nos ofreceu Xurxo Mariño.

Este doctor en Ciencias Biolóxicas é un destacado divulgador científico especializado en neurofisioloxía, concretamente no estudio do sistema nervoso e do encéfalo.

Ten colaborado co Massachusetts Institute of Technology (MIT) realizando experimentos no Departamento do Encéfalo e Ciencias Cognitivas durante a súa estancia posdoctoral. Ten publicados varios traballos de investigación en diversas revistas científicas así como tres libros e na actualidad é profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Pero sen dúbida, Mariño é especialmente coñecido por acuña-la expresión “emboscada científica” para referirse á popularización da ciencia que se realiza en lugares pouco habituai (bares, cafeterías, teatros, colexios, universidades, radios, etc.), co obxectivo de chegar a un público pouco especializado a través dunha linguaxe sinxela pero rigurosa.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020