Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2013

Viaxe a Celanova: Ruta Literaria

 Curros, Celso Emilio Ferreiro Visita ao mosteiro de San Rosendo, a Vilanova dos Infantes e ao castro de Castromao.          Tras pouco máis dunha hora de viaxe en autobús, chegamos a Celanova, pequena vila, en cuxo centro destaca o impresionante mosteiro de San Rosendo, asombroso monumento gótico-barroco que contén a capela mozárabe máis pequena de España. Da praza maior parten as dúas rúas principais de Celanova, comunmente coñecidas como rúa Arriba e rúa Abaixo. Na rúa Arriba atópase a casa familiar do escritor e poeta Manuel Curros Enríquez. Nesta mesma rúa naceu Celso Emilio, outro importante poeta galego, que describe de forma moi lúgubre o mosteiro de Celanova. Se descoñeces as condicións da súa estancia no mosteiro cando este era una prisión franquista, a descrición pode parecer moi afastada da realidade, pois o retablo do altar maior da igrexa do mosteiro ten pouco que envexar ao da catedral de Santiago. Verdadeiras obras de arte son os coros tallados en madeira do mos

Ruta Rosaliana

Rosalía é nosa. Rosalía sempre viva.          Co gallo do cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro , 28 de maio, o alumnado de Club de Lectura, acompañado polas profesoras Sabela Álvarez e Margarita Parrado (coordinadoras), fixeron a rota rosaliana, que dirixiu o escritor e especialista Manuel Lorenzo Baleirón. Tivemos as seguintes visitas: Casa onde viviu Rosalía coa súa nai, cando era unha nena, na rúa Xoán Rodríguez (Padrón) e onde figura unha placa conmemorativa. Pazo de Arretén, onde naceu a nai de Rosalía. Un alumno leu o poema así titulado Estatua de Rosalía, no Espolón, inaugurada en 1957 pola súa filla Gala, onde varios alumnas e alumnos leron a Rosalía. Casa da Matanza (Museo de Rosalía), onde pasou os últimos anos da vida. Pazo da Ermida, onde Rosalía viviu tres anos e onde escribiu “Como chove miudiño”. Aquí unha rapaza leu este poema. Visita á igrexa de Iria Flavia. Cemiterio de Adina, onde estivo soterrada ata