Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016

VERSOS SOLTOS. MANUEL MARÍA

Imaxe
Audiovisual realizado por alumnado do IES Cacheiras a partir dos versos de Manuel María.

I FESTIVAL INTERCENTROS MANUEL MARÍA

Imaxe
O pasado luns nove de maio realizaremos o  V Festival da Poesía  do IES de Cacheiras, que este curso se enmarca dentro dun proxecto máis amplo e cooperativo organizado polos clubes de lectura de cinco centros galegos, e que se denomina: I FESTIVAL INTERCENTROS DE MÚSICA E POESÍA "MANUEL MARÍA" sendo os centros participantes os institutos IES Antón Losada ,  de A Estrada IES Mestre Landín, de Marín CPI de Vedra IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e nós, neste caso o centro anfitrión, o  IES de Cacheiras . A actividade consistiu en diferentes versións musicais e cantadas  de poemas de Manuel María realizadas polos distintos centros educativos, unha mostra de regueifas, unha mostra de atranques e un rap. Deste xeito queremos poñer en valor as culturas de tradición oral e musical e conectar coa poesía de Manuel María, a quen este ano se lle dedica o día das Letras. Neste encontro entregáronse tamén os premios do V Concurso de Poesía IES de Cacheiras , e pr