I FESTIVAL INTERCENTROS MANUEL MARÍA

O pasado luns nove de maio realizaremos o V Festival da Poesía do IES de Cacheiras, que este curso se enmarca dentro dun proxecto máis amplo e cooperativo organizado polos clubes de lectura de cinco centros galegos, e que se denomina:

I FESTIVAL INTERCENTROS DE MÚSICA E POESÍA "MANUEL MARÍA"


sendo os centros participantes os institutos


IES Antón Losadade A Estrada

IES Mestre Landín, de Marín

CPI de Vedra

IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

e nós, neste caso o centro anfitrión, o IES de Cacheiras.

A actividade consistiu en diferentes versións musicais e cantadas  de poemas de Manuel María realizadas polos distintos centros educativos, unha mostra de regueifas, unha mostra de atranques e un rap. Deste xeito queremos poñer en valor as culturas de tradición oral e musical e conectar coa poesía de Manuel María, a quen este ano se lle dedica o día das Letras.

Neste encontro entregáronse tamén os premios do V Concurso de Poesía IES de Cacheiras, e proxectouse unha creación audiovisual do alumnado de plástica sobre a obra lírica do autor.


Rematamos o acto cantando tod@s á vez as cancións O Cuco e O Carro. Para presentar esta última canción tivemos o privilexio de contar coa presenza de Tareixa Novo, membro do grupo Fuxan os Ventos.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020