Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

ESTREA DE "DRAMACHISMOS"

Imaxe
O pasado mércores 16 de Marzo, estreouse a obra "Dramachismos", dirixida por Clara Gayo e interpretada por Daniela Félix Sousa Alba Jerez Carballude Sofia Vidalenc Parreira da Gama Yaiza Suárez Pardo Martín Mondragón Ribadulla Alicia Valdés Muñoz Sandra Viadel Turjanicova Demian Varela Pereiro Marcos Fariñas Ferro Axudantes de dirección:Laura Mella e Isabela Froilán Guión e dirección: Clara Gayo Unha proposta sobre os estereotipos e (micro)machismos na sociedade actual. Unha aposta decidida do noso instituto por contribuír á igualdade entre nenas e nenos. Esta actividade enmarcouse dentro das actividades de fomento da lectura programadas no PLAMBE. Organiza: vicedirección IES Cacheiras. Colabora departamento de EDNL. Financia: Concello de Teo e IES de Cacheiras. Máis fotos en  https://goo.gl/photos/S5CMy3VELZ3kzzk59

O RISO INUNDA O IES DE CACHEIRAS

Imaxe
O pasado martes 8 de Marzo, tivo lugar no IES de Cacheiras unha actividade de Ioga do Riso destinada a alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Esta xornada encadrouse dentro dunha serie de talleres que a asociación Ágata ( agata-galicia.org ) estivo a levar a cabo para difundir esta actividade. Ágata veu de rematar unha xira de Ioga do Riso na comunidade autónoma de Aragón na que percorreu varios locais sociais e centros de ensino secundario. O Ioga do Riso foi desenvolvido en 1995, polo Dr. Madan Kataria, un médico da India, que comezou con apenas 5 persoas reunidas nun parque de Mumbay, India. Hoxe xa existen máis de 5000 Clubes do Riso e profesionais adicados a el en máis de 55 países do mundo. Calquera pode rir sen motivo algún, sen necesidade de acudir a chistes ou comedias nin ter un bo sentido do humor. No Ioga do Riso o riso é un exercicio provocado pero pronto flúe o riso verdadeiro combinando exercicios de respiración yóguica (Pranayama), con exercic

NO IES DE CACHEIRAS ESTAMOS LOCOSXCIENCIA

Imaxe
Na semana do 22 ao 26 de febreiro desenvolveuse na Cidade da Cultura (que para algo ten que servir) a actividade LocosXCiencia, organizada pola Fundación Telefónica, o Grupo Big Van e a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía.   Aproveitando que neste ano a biblioteca é “Base de exploracións” e que os Big Van teñen no noso IES un grupo de fans moi fieis, decidimos participar nesta actividade co alumnado de 3º e 4º da ESO. E non decepcionou. Todos os problemas loxísticos que xurdiron para mobilizar tanta xente, aproximadamente 200 persoas, quedaron completamente compensados no momento en que os catro científicos do grupo subiron ao escenario e comezaron os seus monólogos. Uns fantásticos profesionais. En menos dun minuto tíñannos completamente entregados ouvindo as súas historias. Faláronnos de evolución, de epixenética, de extraterrestres, de codificación... E todo con moito humor e paixón. Pasamos unha mañá xenial! Só nos resta dar os parabéns a este grupo pol