Na semana do 22 ao
26 de febreiro desenvolveuse na Cidade da Cultura (que para algo ten que
servir) a actividade LocosXCiencia, organizada pola Fundación Telefónica, o
Grupo Big Van e a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía.
Aproveitando que
neste ano a biblioteca é “Base de exploracións” e que os Big Van teñen no noso
IES un grupo de fans moi fieis, decidimos participar nesta actividade co
alumnado de 3º e 4º da ESO. E non decepcionou. Todos os problemas loxísticos
que xurdiron para mobilizar tanta xente, aproximadamente 200 persoas, quedaron
completamente compensados no momento en que os catro científicos do grupo
subiron ao escenario e comezaron os seus monólogos. Uns fantásticos
profesionais. En menos dun minuto tíñannos completamente entregados ouvindo as
súas historias. Faláronnos de evolución, de epixenética, de extraterrestres, de
codificación... E todo con moito humor e paixón. Pasamos unha mañá xenial!
Só nos resta dar os
parabéns a este grupo pola fantástica (e necesaria) labor de divulgación
científica que están a facer e esperamos velos en breve outra vez por Santiago.
Prometemos unha participación como mínimo igual de entusiasta que desta vez.
Grazas Alberto, Helena,
Javier, Oriol! Grazas, Big Van!