O RISO INUNDA O IES DE CACHEIRAS


O pasado martes 8 de Marzo, tivo lugar no IES de Cacheiras unha actividade de Ioga do Riso destinada a alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Esta xornada encadrouse dentro dunha serie de talleres que a asociación Ágata (agata-galicia.org) estivo a levar a cabo para difundir esta actividade.

Ágata veu de rematar unha xira de Ioga do Riso na comunidade autónoma de Aragón na que percorreu varios locais sociais e centros de ensino secundario.


O Ioga do Riso foi desenvolvido en 1995, polo Dr. Madan Kataria, un médico da India, que comezou con apenas 5 persoas reunidas nun parque de Mumbay, India. Hoxe xa existen máis de 5000 Clubes do Riso e profesionais adicados a el en máis de 55 países do mundo.

Calquera pode rir sen motivo algún, sen necesidade de acudir a chistes ou comedias nin ter un bo sentido do humor.
No Ioga do Riso o riso é un exercicio provocado pero pronto flúe o riso verdadeiro combinando exercicios de respiración yóguica (Pranayama), con exercicios de elongación, aplausos e xogos simples de pantomima que provocan o riso.

Isto aumenta o oxíxeno que entra ó noso corpo e crea endorfinas no noso cerebro.


O Ioga do Riso baséase na premisa científicamente probada de que o corpo non recoñece a diferencia entre un riso provocado e un riso verdadeiro, polo que os beneficios fisiolóxicos son os mesmos.


Máis fotos en https://goo.gl/photos/oWdpjmRXrfji1NYw6

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020