NARF, NA V EDICIÓN DE CANTOS NA MARÉ NA ESCOLA.

O venres 20 de Maio, o IES de Cacheiras realizou por quinto ano consecutivo o festival CANTOS NA MARÉ NA ESCOLA, un proxecto que pretende difundir entre os escolares a música, a cultura e a lingua galego-portuguesas.
A primeira edición contou coa presenza da cantante, compositora e directora artística do festival Cantos na Maré, Uxía, acompañada polo cantante, compositor e guitarrista Sérgio Tannus.
O brasileiro Fred Martins, o grupo galego Tres peixes voando e as cavoberdianas de Burela Batuko Tabanca foron @s artistas que nos acompañaron nas seguintes edicións.
Este ano, o no noso instituto foi visitado polo cantor e compositor NARF, compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro.

NARF ten publicados tres discos: Alo Irmao, Totem, e Narf Directo en Compostela
Foi membro de grupos como PSICOFONICA DE CONXO, OS KININDIOLA ou NICHO VARULLO.
Foi un dos fundadores da sala NASA en 1992, onde ademáis doutras labores compuxo ducias de cancións para a BANDA DA NASA ata o ano 1998 en que abandona o proxecto.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020