EXPOSICIÓN SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO


O luns 11 de xaneiro inagurouse no IES de Cacheiras a exposición sobre Isaac Diaz Pardo,como parte das actividades programadas polo equipo de biblioteca escolar e coordinada pola profesora de lingua e literatura galega Esperanza Mariño. A exposición conta con corenta paneis con abundantes fotografias e texto onde se debulla a sua biografia e accións ao longo do seculo XX e comezos do XXI.
O obxectivo principal desta exposición é dar a coñecer da vida e obra de Isaac Díaz Pardo, un dos intelectuais galegos mais sobranceiros de todo o século XX, fillo de Camilo Diaz Baliño, un dos membros fundadores da Irmandade da Fala da Coruña.
En relación con esta exposición realizaranse unha serie de actividades paralelas:

1. Percorrido da Exposición con diversos cursos, coas explicacións pertinentes.
2. Conferencia de Laura Tato, profesora titular de Lingua e Literatura Galega da Universidade da Coruña, autora de numerosas publicacións sobre a época das Irmandades.
3. Traballo en diversas aulas, mediante un guión escrito previo, sobre os puntos máis destacados da Exposición.
4. Recitado de dúas alumnas de 2º de Bacharelato o día 10 de xaneiro, en conmemoración do cuarto pasamento de Isaac.
5.- Explicación en francés da mesma, por parte do departamento de Francés, e en galego, por parte do alumnado volutariado de biblioteca e alumnado do Club de Lectura.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020