CONTACONTOS DE MARÍA DA PONTRAGHA

O pasado día 18 de Decembro disfrutamos da actuación de María da Pontragha, que visitou o noso centro para deixar nos nosos ouvidos unha escolma de contos populares.
María é unha educadora que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí.
No 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos. Participou en diferentes Xornadas de Oralidade, no Museo do Povo Galego e na Universidade de Deusto e de Vitoria; tamén desenvolveu a súa labor en bibliotecas, participou no Salón do Libro de Pontevedra, no Verbum,  centros de ensino, festas, locais sociais…
Grazas, María, pola túa visita e o bo momento que nos fixeches pasar !!

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020