LE OS RELATOS PREMIADOS DO CONCURSO DE SAMAÍN


 FIN



O medo paralizábao, impedíalle respirar. Correu canto puido. As palabras da meiga resoábanlle unha e outra vez na cabeza: “o teu fin está na noite de samaín, noite de samaín, noite de samaín...” Practicamente desfalecido, caeu ao chan. Inmediatamente, sentiu unha pouta fría desgarrándolle o lombo. Notou o sangue morno esvarándolle polo costado, a ferida ardía de dor. Pechou con forza os ollos esperando a que todo rematase. E rematou, porque nunca máis os volveu abrir.

1º Premio de microrrelato: Beatriz Martínez (1º ESO A)


O SONO QUE TEÑO

O mal apareceu no mundo. As persoas enloqueceron. Xa nada é o que era. É de noite, hora de durmir. Eu estou canso coma para loitar co mal, pero é Sanmaín e terei que facelo. Tomade nenos, caramelos para todos.

2º Premio de Microrrelato: Iván Gracía (2º ESO C)

O ESPELLO DUNHA SOMBRA





Lanternas prendidas nunha cova alaranxada, portas petadas por rabentos pantasmas. Entre tanta claridade vese unha sombra. Unha sombra cun espello afiado e puntiagudo que quere achegar a miña avoa a saída, mais, xa non quedan caramelos.

1º Premio de Microrrelato: Uxía Oliveira (4º ESO C)




A ÚLTIMA NOITE

Naquela noite inesquecible. A xente ía polas casas. Eu  incrédulo introducido naquela festa, incauto de min fun á casa máis grande, colleume e mantivome nese lugar  escuro e sombrío ata que os meus ollos se pecharon…
Espertei por unhas luces, mirei para o chan e vin un corpo tendido. Tardei en percatarme de que…
Era eu.

2º Premio de Microrrelato: Daniel Moure (4º ESO C)

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020