En Negro

Co gallo da conmemoración do día contra a violencia de xénero, o venres 24 de Novembro o centro encheuse de cadeiras baleiras que lembraban ás víctimas da violencia de xénero que xa non están aquí para contar a súa experiencia.




 Ese mesmo día presentouse no IES o vídeo musical Son muller do grupo Máis boas que as patacas, integrado por alumnas de 3º da ESO, que foi a canción gañadora do II certame de música infantil e xuvenil Querocantar17 da Deputación da Coruña.





A proxección do vídeo foi seguida por unha actuación acústica do grupo e unha charla coloquio co público asistente.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020