A LINGUA NA BOCA

O xoves 18 de Maio tivemos o pracer de disfrutar dunha representación teatral a cargo da compañía Limiar Teatro, que puxo en escena o espectáculo A lingua na boca.

O espectáculo combina historias da vida e a traxectoria de Castelao con temas musicais e melodías tradicionais galegas, actualizadas e interpretadas con diferentes instrumentos, tales como guitarra, contrabaixo, frauta ou melódica.




Sobre unha sinxela escenografía, os dous intérpretes que protagonizan o espectáculo, Fran Núñez e Brais Iriarte, foron repasando as diferentes facetas do Castelao melódico, debuxante, escritor e político.

Organizaron Vicedirección, ENL e Anpa, coa colaboración da Asociación Cultural Rosalía de Castro.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020