VI EDICIÓN DO FESTIVAL DE LUSOFONÍA "CANTOS NA MARÉ"

O mércores 24 de Maio celebrouse a VI Edición do Cantos na Maré na Escola, festival da lusofonía.

Este evento toma o seu nome do festival Cantos na Maré que todos os anos se realiza en Pontevedra, inaugurado no noso instituto en pequeno formato no ano 2012 pola directora do festival, Uxía, quen cedeu o nome para o noso concerto anual.


Despois de contarmos coa presenza de cantantes como Uxía e Sérgio Tannus, Ses, Berrogüeto (Tres Peixes Voando), Fran Pérez Narf, ou Fred Martins, nesta ocasión puidemos gozar do concerto de :

 M.J. Pérez, acompañada ao violín por Inés Mirás, que, entre outros, interpretaron temas do seu último disco, Guerrilleiras.


Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020