SE AS MULLERES GOBERNASEN O MUNDO TODO SERÍA DISTINTO

O venres 30 de Maio o grupo Chévere tróuxonos a súa proposta escénica Se as mulleres gobernasen o mundo todo sería distinto, que puideron ver tódolos alumnos de 4º da ESO no salón de actos do noso centro.

Trátese dunha charla teatralizada, un proxecto posto en marcha por Chévere e Promove Consultoría e Formación para sensibilizar a adolescentes sobre a necesidade da igualdade entre homes e mulleres contextualizando a loita feminista.

Organizaron Anpa, Concellaría de Cultura de Teo, ENL e Vicedirección.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020