XORNADA DE FORMACION DO CLUB DE DEBATE

O equipo do Club de Debate acude en Ames a unha xornada de formación para preparar a fase comarcal do concurso. O Club de debate é un proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade organizado desde varios concellos. Este ano, na comarca de Santiago concorren un equipo de Teo, outro de Milladoiro e dous de Negreira. A fase comarcal será o 8 de Abril en Negreira e o tema proposto para debate é se Galicia pode vivir exclusivamente do sector primario ou non. Na xornada de formación fanse tres talleres nos que se traballan temas como a maneira de preparar unha argumentación ou a maneira de expoñela ante un auditorio.