BICOS CON LINGUA

O xoves 26 de maio tivo lugar no Local da Asociación Rosalía de Castro, a representación de Bicos con Lingua , de Talía Teatro Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. Nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Así, esta montaxe pretende supoñer para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío. A lingua galega está composta (como tódalas linguas) por substantivos, verbos, adxectivos, expresións, palabras e máis palabras… que se poden estudiar… e que tamén se poden (e deben) amar e respectar. Precisamente é ese respecto por algo tan noso como son a lingua e a...