Viaxe a Celanova: Ruta Literaria
Curros, Celso Emilio Ferreiro Visita ao mosteiro de San Rosendo, a Vilanova dos Infantes e ao castro de Castromao. Tras pouco máis dunha hora de viaxe en autobús, chegamos a Celanova, pequena vila, en cuxo centro destaca o impresionante mosteiro de San Rosendo, asombroso monumento gótico-barroco que contén a capela mozárabe máis pequena de España. Da praza maior parten as dúas rúas principais de Celanova, comunmente coñecidas como rúa Arriba e rúa Abaixo. Na rúa Arriba atópase a casa familiar do escritor e poeta Manuel Curros Enríquez. Nesta mesma rúa naceu Celso Emilio, outro importante poeta galego, que describe de forma moi lúgubre o mosteiro de Celanova. Se descoñeces as condicións da súa estancia no mosteiro cando este era una prisión franquista, a descrición pode parecer moi afastada da realidade, pois o retablo do altar maior da igrexa do mosteiro ten pouco que envexar ao da catedral de Santiago. Verdadeiras obras de ...