O pasado día 24 de Febreiro celebramos a festa do Antroido co tradicional desfile de comparsas e actuacións musicais. Na categoría de pequenas comparsas, resultaron gañadoras as alumnas Catuxa, Marta, Ana, Marta e Andrea, de 4º da ESO co seu orixinal disfraz de caramelos sugus. No apartado de grandes comparsas, resultou gañador o grupo de 1ºB da ESO, coa súa escenificación dunha batalla de Star Wars. Miriam e Valerie, de 2º da ESO deleitáronnos coa interpretación de Say Something, e Martín, Mara, Isabella, Marta, Laura, Celia e Noa fixeron unha actuación musical como tributo ó finado David Bowie. Podedes ver máis fotos do evento facendo clic aquí .
O grupo de teatro do alumnado do IES de Cacheiras EIN ZWEI POLIZEI, presentou a súa montaxe Quen matou a Enrico Pernelogui? o martes 26 de Abril ás 16.30 para 1º ESO e ás 17.20 para 2º ESO, e o mércores 27 a 3ª hora para 3º ESO e a 4ª hora para 4º ESO. Trátase dunha comedia negra, con asasinato e sospeitosos a tutiplé que nos fixo rir e disfrutar dun excelente traballo tanto de dramaturxia como de posta en escena. Reparto: I saura ... ......................... Aarón Recouso Pedreira Raffaella....................... Oliver Angermann Costas Balbina.......................... Yasmina Mª Fraga Vázquez Giuseppe Junior.......... Uxía Calvelo Gallego Policía.......................... . Nerea González Martínez Comisario..................... Iria Pérez Cova Enrico Junior.............. Cristina Baliñas Torreiro Domenico Junior........ Mar Baliñas Torreiro Enrico......................... .. Raquel Iglesias Manteiga Cura............................ .. Andrés Burgos Camjalli Maruxa (av...
O pasado mércores 16 de Marzo, estreouse a obra "Dramachismos", dirixida por Clara Gayo e interpretada por Daniela Félix Sousa Alba Jerez Carballude Sofia Vidalenc Parreira da Gama Yaiza Suárez Pardo Martín Mondragón Ribadulla Alicia Valdés Muñoz Sandra Viadel Turjanicova Demian Varela Pereiro Marcos Fariñas Ferro Axudantes de dirección:Laura Mella e Isabela Froilán Guión e dirección: Clara Gayo Unha proposta sobre os estereotipos e (micro)machismos na sociedade actual. Unha aposta decidida do noso instituto por contribuír á igualdade entre nenas e nenos. Esta actividade enmarcouse dentro das actividades de fomento da lectura programadas no PLAMBE. Organiza: vicedirección IES Cacheiras. Colabora departamento de EDNL. Financia: Concello de Teo e IES de Cacheiras. Máis fotos en https://goo.gl/photos/S5CMy3VELZ3kzzk59