FIN O medo paralizábao, impedíalle respirar. Correu canto puido. As palabras da meiga resoábanlle unha e outra vez na cabeza: “o teu fin está na noite de samaín, noite de samaín, noite de samaín...” Practicamente desfalecido, caeu ao chan. Inmediatamente, sentiu unha pouta fría desgarrándolle o lombo. Notou o sangue morno esvarándolle polo costado, a ferida ardía de dor. Pechou con forza os ollos esperando a que todo rematase. E rematou, porque nunca máis os volveu abrir. 1º Premio de microrrelato: Beatriz Martínez (1º ESO A) O SONO QUE TEÑO O mal apareceu no mundo. As persoas enloqueceron. Xa nada é o que era. É de noite, hora de durmir. Eu estou canso coma para loitar co mal, pero é Sanmaín e terei que facelo. Tomade nenos, caramelos para todos. 2º Premio de Microrrelato: Iván Gracía (2º ESO C) O ESPELLO DUNHA SOMBRA Lanternas prendidas nunha cova alaranxada, portas petadas por rabentos pantasmas. Entre tanta claridade vese unha sombra...