Xa chegou o Entroido!!

Aínda estamos comezando o mes de Febreiro e xa estamos celebrando a festa de Entroido!


Este ano celebramos o noso tradicional desfile de comparsas amenizado polas voces de Nerea, Valeria e Martín Mondragón, que colaboraron poñendo o toque de música en directo.



Algúns disfraces estaban realmente ben traballados e tiñan moita orixinalidade, así como as escenificacións por parte d@s integrantes das comparsas.




Para rematar. Laura e Alexandra fixeron unha exhibición de patinaxe artístico na pista que causou a admiración de todo o público.



Como o número de participantes o permitía, o Departamento de Normalización decidiu suprimir a competición e conceder o premio da excursión á praia a todo o alumnado que dedicou o seu tempo e esforzo a manter viva esta festa tan de tod@s.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020