Roteiro pola batalla de Cacheiras 2018

O luns 23 de Abril fomos percorrer parte do roteiro da batalla de Cacheiras.


Hai 170 anos, o día 2 de abril de 1846 o 2º Batallón do Rexemento de Zamora mandado polo comandante Solís, con sé na Coruña, levantouse na  cidade de Lugo contra o goberno ditatorial instaurado en Madrid polo xeneral conservador Narváez. Esta rebelión pronto recibiu apoio do pobo lucense, e despois o de Santiago, Pontevedra, Vigo, Tui...


O encontro entre as tropas de De la Concha e de Solís tivo como escenario imprevisto a parroquia de Cacheiras, concretamente o espazo situado entre as casas de Ribeira e o cume de Montouto, xusto onde está a Pena Escorredía.
O día 26 de abril en Carral, concretamente no atrio da igrexa de San Esteban de Paleo, foron fusilados Solís e once dos seus oficiais.



Naceron así os Mártires de Carral e, para todos os efectos, este alzamento contra a opresión central considérase o espertar do galeguismo e a reafirmación dunha identidade perfectamente diferenciada do resto da península. 

A participación neste roteiro veu reforzar un irmanamento entre o IES de Cacheiras e o IES Carral que se levou a cabo nos albores do ano 2000 e que segue vixente.


Os alumnos de Carral visitáronnos para percorrer un tramo destes roteiro, dende a reitoral de Bamonde á Capela de Sta. Eufemia en Oza. 


O xoves 26, día da efeméride dos fusilamentos, desprazámonos a Carral e participamos nunha homenaxe ós Mártires primeiro no cemiterio onde están enterrado e despois no monumento que rememora aqueles acontecementos.
Foron xornadas de convivencia nas que o tempo acompañou as ganas de disfrutar das andaina e da inmellorable compañía.

Temos que agradecer á Concellalía de Cultura a estupenda organización deste evento que ano tras ano seguiremos mantendo como cita obligada cos nosos irmáns de Carral.



Publicacións populares deste blog

ANTROIDO 2017

SAÍDAS DO CLUB DE LECTURA

QUEN MATOU A ENRICO PERNELOGUI?