aRi[t]mar

Esta semana estamos a participar nas votacións do certame aRi[t]mar.
Trátase dunha actividade organizada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela que ten por finalidade promocionar a música galega e portuguesa.
A organización do certame escolleu 10 cancións galegas e 10 portuguesas que nós escoitaremos, e de entre as cales escolleremos tres.
A votación faise vía online a título individual e en Outubro haberá unha gala no Teatro Principal de Santiago na que actuarán algúns dos grupos gañadores do certame.
Esta semana estamos a estreitar os lazos que unen Galicia co país veciño.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020