Roteiro pola batalla de Cacheiras 2018

O luns 23 de Abril fomos percorrer parte do roteiro da batalla de Cacheiras. Hai 170 anos, o día 2 de abril de 1846 o 2º Batallón do Rexemento de Zamora mandado polo comandante Solís, con sé na Coruña, levantouse na cidade de Lugo contra o goberno ditatorial instaurado en Madrid polo xeneral conservador Narváez. Esta rebelión pronto recibiu apoio do pobo lucense, e despois o de Santiago, Pontevedra, Vigo, Tui... O encontro entre as tropas de De la Concha e de Solís tivo como escenario imprevisto a parroquia de Cacheiras, concretamente o espazo situado entre as casas de Ribeira e o cume de Montouto, xusto onde está a Pena Escorredía. O día 26 de abril en Carral, concretamente no atrio da igrexa de San Esteban de Paleo, foron fusilados Solís e once dos seus oficiais. Naceron así os Mártires de Carral e, para todos os efectos, este alzamento contra a opresión central considérase o espertar do galeguismo e a reafirmación dunha identidade perfectamente diferenciada...